jueves, 26 de noviembre de 2009

Topica Utopia: Por un mundo mellor.


Todos comezamos cunha idea, unha maravillosa e utopica idea, tentar cambiar o mundo. Pensamos que nos solos podemos cambiar coa fame no mundo, coas desigualdades, amarramonos con forza os nosos ideais, desesperamonos cada vez que vemos que o mundo segue igual, e choramos cando vemos que quizais si haxa sitio para a esperanza.

Pero pasa o tempo e onde quedan as ideas?¿onde quedan as ganas de cambio? a cada escalafon que se sube, desaparece unha idea, acalanse as ganas de berrar e cambiamolas pola hipocresia, pola comodidade do cargo, pola tumbona.


E o peor é que para alguns somos nós os malos. Os xovenes, os que mantemos as ideas, somos os que nos dedicamos a fomentar a division cos nosos radicais pensamentos, coas nosas ganas de cambio, de progreso. Pero para man de obra si que servemos, cando conven claro.

¿Somos nos, os que aspiramos a algo mais pero sen vender a nosa alma e a manternos tal e como somos estemos onde estemos, os culpables de que todo siga igual?

Que tras unha derrota, tras unha bofetada que significa que estan fartos da mesma merda, todo siga igual? ¿Que sigan mandando os mesmos "Por los siglos de los siglos, amen"?

¿Onde quedaron as verdadeiras ganas de cambiar o mundo cando un se atopa no senado, no parlamento?